Tuesday, June 14, 2005
bota a lingua a pacer!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
Así é como se chama este progama da televisión camballón. Gravámolo onte na sala de porreiros do instituto, eses que andan atrás nosa para que non fumemos e eles teñen unha sala ilegal para facelo.
Veu con nós Tomás Lijó, ese que participou coa curta "Carretaxe" en Hai que botlaos, o DVD máis terrorífico do país. O que lle meteu o susto a Fraga.
Está moi ben, porque o fixemos nós.
Vai sobre a lingua e as nosas formas de expresarnos. Porque a lingua non só vale para....., comer.
Grande estrea o vindeiro venres 24, no recreo, na sala de usos múltiples.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
No comments:
Post a Comment