Monday, May 09, 2005

comer mecagondiolo



Mirade ben pa esta foto,¿é moi forte verdá?¿choca non?,pois si,¿non vos dá pena?.Pena por esas persoas que polo que din as demáis persoas ou polo que pensarán caigan en principio nun simple réxime que cada vez vai a máis e máis,xa non se valoran coma persoas,pensan que as únicas que merecen vivir son as modelos,as que dentro da sociedade para elas están aceptadas,pero que modelos,¿pensades que elas así son felices?sempre privándose de comer para non perder o seu traballo,porque a verdade non as tratan coma persoas senon coma sinxelos manequis só serven pa levar roupa e ¿vos a iso chamádeslle vida?nós non,pero isto non só se observa na vida das modelos,isto tamén se observa na nosa sociedade,ainda case non nacen e xa están oprimidas e condicionadas polos valores machistas, obrigadas pola sociedade a ser "perfectas", segundo, claro está o gusto dos homes.

No comments: